Concertos de Nadal

Rematou a espera, chegan os concertos. Ata en 5 ocasións poderemos gozar neste Nadal dos coros de Capela Madrigalista.

A primeira oportunidade para velos será no acto inaugural das Festas de Nadal 2008. Organizado polo Concello de Ourense, terá o lugar o venres día 12 ás 20:30 fronte á Capela de San Cosme, que alberga o entrañable Belén do escultor ourensán Arturo Baltar. Serán os Nenos Cantores de Ourense quen inauguren os actos festivos este ano. Actuarán seguidos da Banda Municipal de Música.

A continuación chega a xira de Nadal polo Concello de Ourense. Os dous coros de Capela Madrigalista protagonizarán tres concertos con repertorio navideño. Serán os días 16 na igrexa de San Pío X no barrio de Mariñamansa, o día 17 na Igrexa de Fátima do barrio do Couto e o 18 na Igrexa de San Breixo en Seixalbo. Todos ás 20:30.

E para rematar o día 21 na Igrexa de Santa Eufemia participarán no Concerto de Nadal xunto con moitas máis agrupacións vocais da nosa cidade.

Agardamos que gozedes tanto escoitando a nosa música como nós facéndoa para vós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s