Os nenos no roteiro do Día de NÓS

Os Nenos Cantores da Capela Madrigalista continúan o seu outubro de concertos actuando no Roteiro ourensán de NÓS que se enmarca na programación xeral do Día de NÓS 2011. Na noite do vindeiro venres día 28 o público percorrerá diferentes lugares do casco histórico da nosa cidade facendo parada en lugares relacionados coa xeración Nós. Deste xeito o Teatro Principal de Ourense abrirá as súas portas para acoller, no seu hall, a actuación dos nenos, que interpretarán dúas cantigas para sinalar o primeiro lugar que visitou Castelao en Ourense. Daquela, o mozo Castelao cantaba no coro universitario da Universidade de Santiago de Compostela, así que nada mellor que a música coral para facer referencia a elo. Agardámosvos a todos alí. O roteiro comeza ás 21:00h e a nosa actuación está prevista a partires das 22:00h.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s