Categoría: Anuncios
Concerto en Ourense
Rematamos a temporada 2012-2013 cun concerto moi especial co noso público de Ourense. Estades todas e todos convidados o domingo 2 de xuño a vos achegar polo Auditorio Municipal de Ourense a gozar coa música coral. Para nós todo o traballo realizado ao longo destes meses non ten sentido se non o compartimos con vós. … Seguir lendo Concerto en Ourense
A Capela nos 50 anos do Día das Letras Galegas
Aquí tedes a programación do Día das Letras Galegas 2013 en Ourense. Queremos compartir con vós este día tan especial no que se cumpren 50 anos de celebración. Actuaremos xunto co Coro da Universidade de Vigo ás 13:00h no Salón Nobre do Liceo de Ourense. Pero iso é só parte dos actos que se desenvolverán … Seguir lendo A Capela nos 50 anos do Día das Letras Galegas
Nadal coa Capela Madrigalista
Preparados para os concertos de Nadal, e vos? Serán múltiples as ocasións nas que nos atoparemos con vós nestas festas. A primeira delas será especial, xa que compartiremos con vós un dos nosos ensaios, para que poidades observar e escoitar como é o noso traballo ao longo do ano: montar pezas, matizalas, traballar os idiomas, … Seguir lendo Nadal coa Capela Madrigalista
Aí ven o maio… con cantigas
Xa chega o concerto de primavera da Capela Madrigalista. Este xoves 24 de maio no Paraninfo do IES Otero Pedrayo ás 20:30h. Enmárcase na programación de maio organizada pola Concellaría de Cultura. Agardamos vervos a todas alí escoitando e gozando coa música, igual que o facemos nós cantando para vós. Aquí vos deixamos o programa … Seguir lendo Aí ven o maio… con cantigas
Gaudete, Christus est natus.
"GAUDETE, Christus est natus" é o primeiro programa preparado da man do director e compositor Julio Domínguez, recente novo director da Capela. Pretende adentrarnos nunha viaxe a traveso do tempo combinando o Canto Chá e a música tradicional con tendencias contemporáneas. Así, compartindo esta música entrañable e suxerinte, queremos desexar a todos un moi bo … Seguir lendo Gaudete, Christus est natus.
Nova temporada, novas probas de acceso
Aquí estamos, un ano máis, dispostos a dar o cante cos nosos dous coros. Tanto a Capela Madrigalista de Ourense coma os Nenos Cantores voltan aos ensaios nunha nova temporada que se anticipa apaixoante. De momento podémosvos contar que o noso coro dos cativos comezan ensaios o mércores 28 de setembro e realizarán probas de … Seguir lendo Nova temporada, novas probas de acceso
Xuntos polo IES As Lagoas
Como xa é tradición no noso coro ofrecemos anualmente un concerto ao noso querido IES As Lagoas. A nosa casa, a que nos dá acubillo musical. Será no acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato que se celebrará este xoves 26 de maio a partires das 19:30. Actuaremos xuntos a Capela Madrigalista e … Seguir lendo Xuntos polo IES As Lagoas
Corolidario
A solidariedade e a música coral danse a man neste novo proxecto que nace da colaboración entre a Capela Madrigalista de Ourense e a ONG de cooperación e desenvolvemento Cero Negativo. Corolidario é algo máis ca un concerto, é toda unha oportunidade para achegarnos ao coñecemento da situación doutros nenos e nenas do mundo. A … Seguir lendo Corolidario
Bo Nadal coa Capela
Queremos festexar o Nadal canda vos. Atopámonos o mércores 23 ás 20:45 na Igrexa de Santo Domingo, en Ourense. Estades todas e todos convidados a gozar canda nós. Temos preparado un repertorio de Panxoliñas que agardemos sexa do voso agrado.Comezan os Nenos Cantores, que estren dúas novas pezas: Fiat Mundum Iustum e Gaudeamos Hodie. E … Seguir lendo Bo Nadal coa Capela