Siyahamba

Como o noso ánimo é sempre compartir a música con vos, aquí tedes un anaquiño do concerto que ofrecemos o 12 de maio no Teatro Principal de Ourense en colaboración coa ONG ourensá Cero Negativo. http://www.youtube.com/watch?v=dKDfbo1yN5A

Advertisements

Feliz 2010

Rematamos un ano moi especial para nós co concerto de Nadal. Este 2009 a Capela Madrigalista de Ourense cumpriu 20 anos, e queremos cumprir 20 anos máis ao voso carón, compartindo momentos corais e musicais. Gracias ao noso amigo Carlos Núñez por inmortalizar o concerto coas súas fotos.

Certame de Música Sacra

Os ourensáns teñen unha nova ocasión para desfrutar da música coral. O Certame de Música Sacra da capital chega un ano máis e ofrece entre outros moitos o concerto da Capela Madrigalista e o Coro de Nenos Cantores de Ourense. Unha primeira parte do concerto está composta por repertorio recuperado do Arquivo Musical Catedralicio, composto … Continue reading Certame de Música Sacra

Homenaxe a Ángel Barja no Conservatorio de Ourense

Homenaxe ao compositor ourensán Ángel Barja no XX cabodano do seu pasamento. A Capela, dirixida nesta ocasión por Mercedes Lozano, interpreta unha das obras deste compositor que ten en repertorio, Xan Vai, música do Ángel Barja para un poema da Rosalía de Castro. O acto tivo lugar na aula de órgano do Conservatorio de Música … Continue reading Homenaxe a Ángel Barja no Conservatorio de Ourense

Nenos Cantores de Ourense no 25 aniversario do CDM de Ourense Caixagalicia

O xoves 20 de nadal, ás 18:30 os Nenos Cantores de Ourense actuarán no marco do XXV Aniversario do Centro de Maiores Caixagalicia. Dirixidos por Xose Ramón Rodríguez Castellanos e Martiño Ramos Soto e co acompañamento da pianista Irma Fernández interpretarán un repertorio de nadal para celebrar os vintecinco anos de presencia desta institución na … Continue reading Nenos Cantores de Ourense no 25 aniversario do CDM de Ourense Caixagalicia

Ciclo de concertos SondeOutono

O sábado 17 de novembro teremos unha nova oportunidade para desfrutar dun bo concerto de música coral. Será dentro do ciclo de concertos Son de Outono e baixo o patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega. Na igrexa de Santa Eufemia ás 20:30 horas do sábado … Continue reading Ciclo de concertos SondeOutono