Historia

Vinte e cinco anos de música e máis dunha centena de concertos contempran a traxectoria de Capela Madrigalista de Ourense.

Os máis de cento cincuenta temas do seu repertorio abarcan dende a polifonía renacentista ata a música do século XXI, coidando que dentro do seu repertorio estean presentes os compositores galegos e ourensáns actuáis.

Capela Madrigalista de Ourense ten participado en numerosos festivais obtendo diversos galardóns, entre os que se poden destacar o 1º premio de interpretación no 3º “Concurso Pelegrín de panxoliñas e cantos de Nadal”, celebrado en Santiago de Compostela, e máis recentemente o 1º premio de interpretación no IV Certame de Corais de Galicia “Vila de Marín”.

O director deste coro de cámara é Xosé Ramón Rodríguez Castellanos, nado en A Rúa (Ourense) en 1978, cursou estudios musicáis no Conservatorio Superior de A Coruña, acadando o título de Profesor Superior de Música no ano 1999. Actualmente exerce a docencia como profesor titular de Música.

Asiste a numerosos cursos de formación musical e de dirección coral, entre os que caben destacar os “Seminarios permanentes para Directores de Coro”, organizados pola Federación Coral Asturiana (Fecora) e impartidos por Lluís Vila, Maite Oca e J.R. Gil Tárrega.

Membro integrante do Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, onde canta como baixo, ten participado en distintas óperas e concertos, tanto a capela como orquestáis.

Actualmente, Capela Madrigalista de Ourense está formada por vintecatro voces mixtas.

Galardóns:

1994: Terciero Concurso “Pelegrín” de “Vilancicos e Cantos de Nadal”. Santiago de Compostela. (29 de Decembro). “Capela Madrigalista de Ourense” obtén o primeiro premio de interpretación e ó mesmo tempo a obra que estreaba e coa que se presentaba, “¿Qué é?”, del compositor ourensán Raúl Pazo, obtén o terceiro premio de composición.

1995: Participación no Concurso de cancións navideñas organizado polo Concello de Ourense. Teatro Principal Ourense (29 de Decembro). “Capela Madrigalista de Ourense” obtén o Primeiro Premio.

1996: Primeiro Premio de interpretación no “Primeiro Memorial Anselmo Iglesias Música Galega de Nova Creación”. Seixalbo. Ourense (5 de Maio).

2001: Primeiro Premio no IV Certame de Corais de Galicia Vila de Marín. Parque Eguren. Marín,  Pontevedra (7 e 8 de Xullo).

Interpretación e estreo da Obra premiada co  2º Premio no III Concurso de Composición Coral Galega “Cidade de Vigo”. Patrocinado por FECOGA e o Concello de Vigo. Teatro García Barbón – Vigo (25 de Novembro).

Histórico de concertos:

No ano 1989 ten lugar a presentación oficial do coro de cámara “Capela Madrigalista de Ourense” no Liceo Recreo Ourensán, coa finalidade de recrear a música vocal que facían as “Capelas Pacegas e Catedralicias” dos séculos XV e XVI.

As actividades culturais realizadas por “Capela Madrigalista de Ourense” dende o ano 1989 ata o ano 2010 suman máis de 200 das cales algunhas das máis importantes son:

1989. Concerto de Presentación Oficial de “Capela Madrigalista de Ourense” no Liceo Recreo Ourensán. (29 de xuño).

Semana Lúdico Cultural de Seixalbo. Seixalbo. Ourense (2 de xullo).

Concerto de Nadal. Igrexa de Sto. Domingo. Ourense (31 de decembro).

1990. Concerto de Nadal organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ribadavia. Igrexa de Sto. Domingo Ribadavia (6 de xaneiro).

Festival de Música Galega e Polifónica organizado pola Agrupación Coral “Agromadas” de Seixalbo e FECOGA. Igrexa parroquial de Seixalbo. Seixalbo. Ourense (18 de maio).

Concerto realizado dentro dos actos da entrega do premio “Trasalba” organizado pola “Fundación Otero Pedraio” na Igrexa de Trasalba (24 de xuño).

Concerto de Nadal Igrexa de Cristo Rei. Ourense (30 de decembro).

1991. Curso de técnica vocal impartido pola soprano Manuela Soto Nicolás (setembro).

Concerto no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (25 de outubro).

Concerto de Nadal no Liceo Recreo Ourensán. O repertorio incluía un monográfico adicado ó ano de Mozart . (Ourense, 22 de decembro).

Concerto de Nadal organizado polo Club Artístico e o Concello de Ribadavia. Club Artístico. Ribadavia. Ourense (28 de decembro).

1992. Festival de Panxoliñas e Cantos de Nadal. Maceda. Ourense (4 de xaneiro).

Concerto de Nadal. Casa da Cultura. Allariz. Ourense (6 de xaneiro).

Concerto Festividade de Sto. Tomás de Aquino. Universidade de Vigo. Campus de Ourense. (28 de xaneiro).

Concerto “Festival das Letras Galegas” organizado pola Coral Polifónica “Solpor” de Celanova. (17 de maio). “Capela Madrigalista de Ourense” estrea nesta ocasión a obra “Cabelos los meus cabelos” (Xoán Zorro, s. XIV) do compositor ourensán Millán Picouto.

Seleccionados para participar no certame 12ª Fira Tots Sants. Palau de la Música. Cocentaina Alacante (24 de outubro).

Concerto de Sta. Cecilia. Homenaxe ó profesor José Luís López Cid. Instituto de Bacharelato “As Lagoas”. Ourense (25 de novembro).

Xornadas Musicais Marín. Pontevedra (5 de decembro).

1993. Concerto na  Igrexa de San Clodio. Leiro. (3 de maio). Concerto dado dentro do II Encontro de Escritores Ourensáns. Liceo Recreo Ourensán. (14 de maio). Neste concerto Capela Madrigalista estrea a obra “Leonoreta, fin roseta” (Joan Lobeira, s. XIII-XIV) do compositor ourensán Millán Picouto.

Concerto organizado polo concello de Ourense dentro das festas do Corpus. Igrexa de Santiago. Ourense (22 de xuño).

Curso de Técnica Vocal impartido pola soprano Manuela Soto Nicolás. Ourense (22 de Agosto – 10 de setembro).

Concerto dado dentro dos actos da “Festa da Historia” organizado polo Museo Etnolóxico de Ribadavia e a Coordinadora da Festa da Historia. Igrexa de Santiago Ribadavia. Ourense (4 de setembro).

Concerto Certame patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense. Teatro Principal. Ourense (11 de decembro).

Concerto “Tempo de Nadal. Lembranza do Vilancico. (lº Ciclo)” organizado polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. Igrexa de Sto. Domingo. Ribadavia. Ourense (18 de decembro).

1994. Concerto patrocinado polo Conservatorio de Música de León. Igrexa de S. Martín. León (4 de xuño).

3° Concurso “Pelegrín” de Vilancicos e Cantos de Nadal. Santiago de Compostela. (29 de Decembro). “Capela Madrigalista de Ourense” obtén o primeiro premio de interpretación e a obra que estreaba e coa a que se presentaba, “¿Qué é?”, do compositor ourensán Raúl Pazo. obtén o terceiro premio de composición.

Concerto de Nadal. Igrexa de Sto. Domingo. Ourense (30 de decembro). “Capela Madrigalista de Ourense” estrea a obra “Nadal”, do compositor ourensán Millán Picouto.

1995. Concerto de Semana Santa. 7º Certame de Música Sacra, organizado polo Concello de Ourense. Igrexa de Sto. Domingo. Ourense (9 de abril).

Concerto enmarcado nos Circuítos Culturais da Xunta de Galicia. Casa da Cultura. Xinzo de Limia (3 de xuño).

Concerto enmarcado nos Circuítos Culturais da Xunta de Galicia Igrexa de Vilanova. O Barco de Valdeorras. Ourense (18 de novembro).

Concerto de Nadal patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Igrexa de S. Francisco Ourense (28 de decembro).

Participación no Concurso de cancións de nadal organizado polo concello de Ourense. Teatro Principal Ourense (29 de decembro). “Capela Madrigalista de Ourense” obtén o primeiro premio. Participa como convidada no 4° Concurso “Pelegrín” de Vilancicos e Cantos de Nadal en A Estrada (Pontevedra), no que interpreta as obras que foron premiadas na  terceira edición do mesmo concurso.

1996. Colaboración co grupo de teatro “Sarabela” na ilustración musical da obra teatral “A Esmorga” de Eduardo Blanco Amor cunha composición do compositor ourensán Manuel de Dios.

Concerto en favor do “Proxecto de Formación Coral” Centro Cultural Caixa Vigo. (9 de marzo).

1º Premio de interpretación no “1° Memorial Anselmo Iglesias Música Galega de Nova Creación”. Seixalbo. Ourense (5 de maio).

Curso de técnica vocal coa soprano Manuela Soto Nicolás.

Seminario de Música Coral en Segovia (9-10 de novembro).

Participación no XIII Festival Internacional Ciudad de Avilés co  coro de Brianks (Rusia). Avilés (30 de novembro).

Participación como convidados no 5° Concurso “Pelegrín” de Vilancicos e Cantos de Nadal no teatro Jofre de Ferrol.

Concerto en Seixalbo para conmemora-lo 10º aniversario da asociación cultural Agromadas. (29 de decembro)Concerto de Nadal na  Igrexa de S. Francisco de Ourense patrocinado pola Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia.

1997. Concerto no Castelo de Castro Caldelas (Ourense) enmarcado nos Circuítos Culturais da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura). (26 de abril).

Concerto no Instituto de Ensino Medio Otero Pedraio de Ourense en conmemoración do 1° Centenario da súa fundación (30 de maio).

Concerto na  Casa da Cultura da Valenzá – Barbadás (Ourense) dentro dos actos da Semana das Letras Galegas (1 de xuño).

Concerto de fin de curso no Instituto de Ensino Medio As Lagoas de Ourense (2 de xuño)

Concerto patrocinado pola Excma. Deputación Provincial de Ourense na Igrexa Parroquial de Barbantes – Estación (Ourense) co gallo da festa patronal (15 de xuño).

Concerto na Universidade de Ourense con motivo da imposición de becas ós alumnos da 1ª promoción de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas. (20 de xuño).

Concerto na Universidade de Ourense con motivo da imposición de becas ós alumnos de Enfermeira. (26 de xuño).

Concerto na Casa da Cultura de La Robla (León) (15 de novembro de 1997).

1998. Concerto con motivo da inauguración do Instituto de E. S. “Jesús Ferro Couselo” en Ourense (28 de xaneiro de 1988).

Participación no 9º Encontro de Música Relixiosa Cidade de A Coruña. Colexiata de Sta. María A Coruña (1 de abril).

Concerto dentro do X Certame de Música Sacra organizada pola Concellería de Cultura del Concello de Ourense Igrexa de Sta. María Nai en Ourense (5 de abril).

Participación no 5° Festival de Corais patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense. Teatro Principal Ourense (11 de setembro).

1999. Concerto no Palacio Nacional de Queluz – Lisboa (8 de maio)

Concerto do 10º Aniversario de Capela Madrigalista, coa colaboración da Soprano Manuela Soto Nicolás e un grupo de corda. Teatro Principal. Ourense (4 de xuño).

Misa na Catedral de Ourense. Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer. (5 de setembro).

Concerto de clausura do IX Simposio Hispano-Portugués EL RETABLO. Igrexa de Sta. María Nai. Ourense (29 de setembro).

Participación na Mostra de Corais Galegas “Galicia Cantat” Igrexa de S. Pedro. Lugo (9 de outubro).

2000. Concerto de Música do Renacemento organizado pola Fundación Máximo Gorki. Auditorio do Conservatorio Superior de Música. Vigo. (17 de xuño).

Participación no Festival de Corais patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense.Teatro Principal Ourense (8 de outubro).

Concerto na Igrexa da Venerable Orden Terceira. A Coruña. Intercambio co Coro coruñés Aisis. (18 de decembro).

2001. Concerto co gallo do Ciclo de Cantos Sinfónicos de Nadal e Reis. Igrexa dos RR. PP. Mercedarios. Verín (Ourense) (2 de xaneiro).

Participación en los VI Encontros Corais no Pazo de Oca. Oca (A Coruña) (21 de abril).

Concerto patrocinado por Caixa Galicia na Casa de Cultura de O Barco de Valdeorras – Ourense (23 de xuño).

1º Premio no IV Certame de Corais de Galicia Vila de Marín. Parque Eguren. Marín,  Pontevedra (7 e 8 de xullo).

Misa cantada na Catedral de Ourense con motivo dos actos de apoio ós enfermos de Alzheimer organizado pola asociación de familiares e enfermos de Alzheimer. (16 de setembro).

Concerto no XXII Encuentros Internacionales de Coros. Igrexa de S. Jorge. Santurzi – Bizkaia. Intercambio coa Coral Lagun Zaharrak (20 de outubro).

Concerto patrocinado por Caixa Nova en la Igrexa de Sta María del Campo en Ribadeo (Lugo)  (27 de outubro).

Concerto patrocinado por Caixa Nova na Igrexa Parroquial de Sanxenxo (Pontevedra). (10 de novembro).

Interpretación e estrea da Obra premiada co 2º Premio no III Concurso de Composición Coral Galega “Cidade de Vigo”. Patrocinado por FECOGA e o Concello de Vigo. Teatro García Barbón – Vigo (25 de novembro).

Concerto patrocinado por Caixa Galicia na Igrexa Conventual de Santo Antonio. Ribadavia (21 de decembro).

Concerto patrocinado por Caixa Nova na Casa da Cultura en Boiro (A Coruña). (22 de decembro).

2002. Concerto con motivo do XIV Certame de Música Sacra Igrexa de Sta. Eufemia, Ourense. Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense (22 de marzo).

Participación na gala a beneficio da Cruz Vermella organizada polo estudio de danza “Míriam”. Interpretáronse os Notturni de Mozart con acompañamento instrumental (frauta, clarinete e trompa) e coreografía de danza. Teatro Principal (Ourense) 24 e 25 de xuño.

Concerto de Nadal na Igrexa Nosa Señora da Asunción de Viana do Bolo (21 de decembro), patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense (26 de decembro ), patrocinado pola Delegación de Cultura de Ourense.

2003. Concerto nos P.P. Xesuitas de A Coruña, Centro Fonseca, (9 de maio), patrocinado polo A.P.A do Colexio Santa María del Mar.

Concerto celebración 25º Aniversario do Instituto As Lagoas no propio Instituto (10 de maio), organizado polo Instituto As Lagoas.

Concerto Fin de Curso Instituto As Lagoas (29 de maio), organizado polo Instituto As Lagoas.

Concerto Fin de Curso Colexio Carmelitas-Vedruna (6 de xuño), organizado polo propio Colexio.

Misa na Igrexa de Santa Eufemia e concerto no Liceo de Ourense, con motivo da Festa de Correos (12 de outubro).

Concerto no Círculo das Artes de Lugo, patrocinado polo IGAEM; cantamos coas corais “Sólo Voces” e “Coral Lugh”, de Lugo (19 de outubro).

Concerto de “Panxoliñas do Concello de Ourense” na igrexa de Sta. Eufemia de Ourense, (26 de decembro); patrocina o Concello de Ourense.

Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense (27 de decembro), patrocinado pola Delegación de Cultura de Ourense.

2004. Concerto Certame Música Sacra na Igrexa de Sta. Eufemia , patrocinado polo Concello de Ourense. (31 de marzo).

Concerto homenaxe a Xaquín Lorenzo (Letras Galegas 2004) na praza Maior de Ourense , organizado pola Asociación Cultural “Foula” e patrocinio do Concello de Ourense. (15 de maio).

Concerto clausura Fin de Curso Academia Postal no Edificio Simeón de Ourense , organizado pola Dirección da Academia Postal. (23 de xuño).

Misa con motivo da Festa de Correos en Santa Eufemia de Ourense e concerto posterior no Edificio de Correos, organizado pola Xefatura de Correos (12 de outubro).

Concerto no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, organizado polo IGAEM (13 de novembro).

Concerto na Igrexa conventual de Santo Antonio en Ribadavia, promovido e organizado pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico. Patrocinado por Caixa Galicia. (19 de decembro).

Concerto na Igrexa de Santa Eufemia, patrocinado polo Concello de Ourense. (21 de decembro).

2005. Concerto na Igrexa Parroquial de San Breixo de Seixalbo, organizado por Capela Madrigalista e pola Asociación de Veciños “San Breixo de Seixalbo”. (17 de marzo).

Concerto no Centro Socio – Cultural José Saramago de Vite (Compostela), organizado pola Coral Virxe de Guadalupe. (2 de abril).

Concerto no Instituto 12 de outubro co gallo do seu cincuenta aniversario. Ourense. (5 de abril).

2006
Concerto Semana Santa en Sta. Eufemia 8-iv-2006 dentro do certame de musica sacra do concello
Concerto no Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil (6 de xullo)
XXIII Certame Coral Villa de Avilés o (25 de novembro9

2007
Ciclo de concertos ” mestres de capela” na catedral de ourense-partituras inéditas do arquivo catedralicio.
Catedral de Ourense (27 de xuño).
Santuario das Ermitas do Bolo (1 de xullo).
Mosteiro de San Salvador de Celanova (3 de xullo)
Concertos de Nadal
Igrexa de Santiago das Caldas de Ourense (15 de nadal)
Igrexa de Fátima de Ourense (22 de nadal)

2008
Certame DE Musica Sacra EN Ourense
25 de marzo- na Igrexa de Sto. Domingo
Espazos Sonoros
12 de abril-real basilica sta. Maria a Maior de Pontevedra
13 de abril-Igrexa de Sto. Domingo de Bonaval-Santiago de Compostela
27 de abril.-Igrexa de Santiago en Viveiro
11 de maio-Igrexa de San Francisco de Ribadavia
43 Festival DE Villancicos Caixanova
14 de diciembre en el Auditorio de Caixanova de Vigo
Concertos de nadal concello de ourense
16 de nadal na  parroquia  de Mariñamansa de Ourense
17 de nadal na parroquia de Fátima de Ourense
18 de nadal na igrexa de Seixalbo
21 de nadal no festival de panxoliñas do concello cos nenos cantores da capela

2009
Concerto 20 aniversario capela madrigalista
29 de maio na igrexa dos p.p. Franciscanos de Ourense con Manuela Soto (Mirjam Siegesang)
Praceres sonoros 2009
12 de decembro na Igrexa da Merce de Verín-homenaxe a Angel Barja
Concerto de nadal
23 de decembro na Igrexa de Sto. Domingo de Ourense cos Nenos Cantores da Capela

2010
Certame DE Musica Sacra Concello de Ourense
Encontro Coral
5 de xuño na igrexa de San Estevo de Perlío de Fene- A Coruña
Mañás no palco da alameda (concello de ourense)
12 de decembro -Nenos Cantores da Capela Madrigalista
Nadal
21 de nadal na igrexa de Sto.Domingo DE Ourense –panxoliñas cos nenos Cantores Da Capela
30 de nadal na igrexa de sta. Eufemia-festival de panxoliñas do Concello cos Nenos Cantores

2011
Certame de musica sacra concello de Ourense
17 de abril na Igrexa de sta. Eufemia de Ourense
Carmina Burana ca Orquestra Sinfónica de Galicia
7 e 8 de maio no pazo da Opera da Coruña como coro participativo
Concertos de nadal
17 de nadal na igrexa de San Francisco de Ribadavia
19 de  nadal na igrexa dos p.p. Franciscanos de Ourense cos nenos da Capela

2012
XVI Certame de panxoliñas-cantos de reis do Concello de Ourense
4 de xaneiro na Igrexa de Sta. Eufemia de ourense cos Nenos da Capela Madrigalista

2013

– Concerto na Igrexa de San Francisco de Ribadavia
– Concerto na Igrexa de Santiago de Allariz
– Participación no concurso panxoliñas Auditorio Municipal de Ourense
– Concerto na Igrexa de San Francisco de Ourense

2014

EX UMBRA IN SOLEM
Sábado, 5 de abril, concerto histórico na Catedral de Ourense, con música dos séculos X-XVIII.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s