Concertos para despedir a temporada

E remata outro ano cheo de ensaios, concertos, matices, crescendos e decrescendos… Un ano de música coral. Feita por nós para compartila con vós. Pero aínda queda o mellor, a recta final ven cargada con 4 concertos. Dous da Capela Madrigalista, que estará no vindeiro domingo 23 ás 19:00h no Auditorio de Cambeo e o martes 25 ás 21:00h na praza de San Martiño de Ourense. E outros dous dos Nenos Cantores, que viaxan a Portugal este domingo 16 para actuar no III encontro musical HARMONÍAS INTERNACIONAIS en Águeda e pechan a temporada na Igrexa de Santa María Nai de Ourense o seguinte mércores 19 ás 20:00h na compaña da Coral de Voces Brancas do Orfeón Unión Orensana. Convidámosvos a que acudades aos concertos e a que fagades difusión da nosa actividade musical entre a vosa xente cercana. Préstanos moito ver as vosas caras entre o público e tamén ver xente nova.

ImaxeImaxe

Deixar un comentario