O Director

Julio Domínguez

Aos cinco anos forma parte do coro do seu colexio e pronto inicia a súa formación musical continuando os estudios de Piano e Composición nos conservatorios de Santiago de Compostela e Vigo compaxinándoa cunha etapa autodidacta e outros estudios non regrados con numerosos cursos e seminarios de improvisación, Jazz e música electroacústica. Iníciase na dirección cos mestres Manel Cabero (Barcelona) e Javier Busto (Donostia) viaxando e traballando xunto cos directores máis prestixiosos a nivel internacional, máis especialmente co director sueco Eric Ericson. De 1990 ao 2010 funda e dirixe en Ponteareas (Pontevedra) os coros “Camerata ad Libitum” recibindo
no 2002 o Gran Premio Nacional de Canto Coral (o máis prestixioso galardón a nivel nacional). Ten dirixido como convidado numerosas agrupacións tanto nacionais como internacionais entre as que destacan o Lieder Cámera
(Barcelona), Capella del Misteri (Alicante), Coro de Cámara de Turín
(Italia), Coro Acentus de París (Francia), Coro da Radio de Flandes
(Bélxica) e Orfeón Universitario dos Andes (Mérida, Venezuela) ademais dos coros novos (coros xuvenís) COACE (Confederación Coral Española), de Andalucía (CJA) e Federación Flamenca de Coros (Bélxica). Actualmente, ademais de colaborar con diferentes institucións impartindo cursos,
seminarios e obradoiros corais, integra habitualmente o xurado dos máis prestixiosos concursos e é membro do equipo técnico da IFCM (Fed. Internacional para o Canto Coral).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s